customer_image customer_image

Equipo artístico

  • MARCELO: Fernando Morán
  • CURA: Xosé Barato
  • NAI MARCELO: Carmen Conde
  • MARCELO NENO: Abel Pena
  • XOANA: Teresa Lorenzo
  • ANTIA: Naiara Gómez
  • XURXO: Javier Castro
  • ROI: Hugo Sanmartín

Traxectoria profesional dos actores profesionais:

Carmen Conde

carmen moran a chave de bascuas Carmen Conde Gaute é autora de relatos breves para adultos e contos infantís, ademais de ser narradora oral. Participa en obradoiros literarios e colabora coa sección de humor de Cadena Ser. Guionista para a produtora Dama Negra Films e actriz.

Xosé Barato

xose barato a chave de bascuas José Luis López Roca, ou como todo o mundo o coñece, Xosé Barato, naceu en Guitiriz en 1979. Xosé é actor e presentador. Participou en numerosas curtametraxes e filmes, ademais de series como Terra de Miranda, 4º sen Ascensor, A Vida por Diante, Padre Casares. Matalobos, Serramoura ou El Secreto de Puente Viejo. Presentou dous programas: Historias de Galicia e A miña famosa familia. Actor polifacético que tamén traballou en teatro e gañou dous premios Mestre Mateo en 2007 e 2009 como mellor comunicador de televisión polos programas presentados e foi candidato por 4º sen Ascensor como mellor interpretación masculina protagonista. En 2010 foi candidato ao premio María Casares a mellor actor de reparto por O segredo dos Hoffman.

Fernando Morán

fernando moran a chave de bascuas Este actor galego participou en numerosas obras de teatro, ademais de series de televisión como Hotel Almirante, Doctor Mateo, Libro de Familia, Matalobos, Padre Casares, A Vida por Diante e As Leis de Celavella. Tamén participou en filmes como Pradolongo ou Vilamor, entre outras.